viernes, octubre 18, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoAlumnado e profesorado de 5º e 6º de Infantil de todos os...

Alumnado e profesorado de 5º e 6º de Infantil de todos os centros tudenses asistirán á obra “Travesía Unicornio”

Teatro Ghazafelhos presenta esta actuación dentro do programa + Escénicas, ao que se sumou o Concello de Tui, no Teatro Municipal

Alumnado de 5º e 6º de Infantil e os seus profesores de todos os centros educativos de Tui asistirán mañá, ás 11 horas, ao Teatro Municipal. Neste horario disfrutarán da representación de “Travesía Unicornio” da man de Teatro Ghazafelhos. A concellería de Ensino, que dirixe Sonsoles Vicente, bríndalles a oportunidade de asistir a esta representación ao abeiro do programa + Escénicas da Deputación de Pontevedra. Esta concellería faise cargo amais de facilitar o desprazamento dende os colexio situados nas parroquias ata o centro urbano.

Serán en total 310 alumnos e docentes pertencentes aos CEIP nº1, CEIP nº2, CEIP de Caldelas, CEIP de Guillarei, CEIP de Pazos de Reis, CEIP de Randufe, CEIP de Rebordáns, CRA Mestra Clara Torres e CPR Santa María Maristas.

«Travesía Unicornio»

“Travesía unicornio” é unha adaptación ao teatro do libro homónimo de María Canosa gañador da primeira edición do Premio Anisia Miranda de teatro infantil e publicado por edicións Embora en marzo de 2023.

Un neno e o seu unicornio atópanse cunha xenia que lles promete facer realidade os seus desexos. Estes deberán escoitarse, aceptarse e o máis importante, aceptar tamén os desexos das demais persoas para que se cumpran os propios. Esta é unha obra chea de humor que cambia os roles tradicionais de xénero. Así mesmo, abre as portas a que as nenas e nenos decidan libremente sobre os seus gustos. A obra está dirixida por Pepablo Patiño que forma parte tamén do elenco xunto a Montse Piñón e Jorge Casas.

A concelleira de Ensino, Sonsoles Vicente, destaca a aposta que fai o Concello de Tui por achegar o teatro tamén ao público escolar a través deste programa +Escénicas. Avanza Sonsoles Vicente que o 6 de novembro haberá unha nova representación ao abeiro deste programa. Nese ocasión Galeatro representará “Wombo Combo” para o alumnado de 3º e 4º de Primaria.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS