O ‘Vitiza’, situado no termo municipal de Ponteareas, abre as súas portas para converterse nun local de ambiente gay. Segundo as súas redes sociais, o novo recinto inaugúrase o próximo venres 18 de outubro baixo o nome ‘Dubai Secret Resort’.
A inauguración prevese que transcurra entre as 21:00 horas e as 6:00 horas e é preciso inscribirse a través das súas redes sociais para asistir.
O complexo ofrece un hotel resort con máis de 30 habitacións, unha zona exterior con piscina e bar, unha gran discoteca gay «con varios ambientes solo para chicos» e un gran parking privado.
O local está situado no Confurco, dentro do muncicipio de Ponteareas, con acceso directo á estrada A-52.
Pola súa banda, a organización asegura que o ‘Dubai Secret Resort’ será «un oasis entre cidades onde poderás ser ti mismo» que esperan «se converta no local de referencia gay«.