viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsComarcasPorriño avanza na mellora dos viais co acondicionamento dun camiño en Carracido

Porriño avanza na mellora dos viais co acondicionamento dun camiño en Carracido

Este barrio do municipio acollerá unha renovación do firme en 600 metros cunha inversión de preto de 45.000 euros

O Concello do Porriño continúa co fortalecemento das infraestruturas no rural para a mellora da calidade de vida da súa veciñanza. Nesta ocasión, iniciouse o repavimentado dun camiño no barrio de Carracido de aproximadamente 600 metros de lonxitude que, ata o de agora, presentaba un evidente estado de deterioro.

Este camiño, utilizado diariamente por moitos usuarios e residentes da zona, xeraba prexuízos, tanto en termos de mobilidade como de seguridade viaria. O mal estado da vía representaba un risco significativo, afectando non só aos condutores, senón tamén a peóns e ciclistas.Os traballos de reposición integral do firme inclúen a limpeza e desbroce das marxes, realce das tapas de rexistro, destaconado de raíces e sinalización viaria.

A actuación forma parte dun plan integral do Goberno Municipal para mellorar as infraestruturas viarias de todo o termo municipal. Teñen prioridade as áreas rurais que, historicamente, foron menos atendidas. Con estas obras, o búscase garantir un acceso seguro e cómodo para todos os veciños, fomentando así a cohesión social e o desenvolvemento das parroquias.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo declarou: “O noso compromiso é claro. Apostamos pola mellora de todas as nosas infraestruturas, especialmente nas zonas rurais. Nestas áreas os habitantes merecen as mesmas condicións de seguridade e benestar que no núcleo urbano. Este asfaltado é un paso máis cara a unha O Porriño máis accesible e seguro para todos”.

As obras levaranse a cabo de maneira rápida e efectiva, minimizando as molestias para os usuarios do camiño e asegurando que os traballos se realicen coa maior calidade e durabilidade posibles.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS