viernes, octubre 18, 2024
InicioNewsA RaiaValença prepara un coloquio gratuito sobre os problemas que afectan ao río...

Valença prepara un coloquio gratuito sobre os problemas que afectan ao río Miño

A Camara Municipal de Valença do Minho presenta o próximo martes 22 de outubro un seminario sobre as problemáticas que afectan ao río Miño. O coloquio realizarase no auditorio da Escola Superior de Ciencias Empresariais de Valença (ESCE).

O seminario, denominado «Conversas en Torno do Rio Miño», consolidará a súa primeira edición e dará especial destaque aos peixes migradores e ás preocupacións de Valença e de toda a beira do Miño con esta problemática.

O obxectivo do programa é proporcionar unha visión técnica e científica aos problemas que máis afectan ao rio, en especial á disminución dos peixes migradores e especies nativas, o aumento das especies invasoras e o impacto das alteracións climáticas.

As charlas estarán dirixidas por unha palestra de especialistas portugueses e españois que «ofrecerán unha perfectiva científica e técnica que inclúe tamén a perspectiva do público xeral e das asociacións locais de pescadores».

O seminario durará todo o día e estará dividido en dúas temáticos. O primeira parte, que comezará as 9:30h (hora portuguesa) estará adicado ao contexto e problemática local, estará moderado por Bruno Caldas, e contará coas intervencións de Yorgos Stratoudakis do Instituto Portugués do Mar e da Atmósfera (IPMA), David Sanches da Asociación de Pescadores da Ribeira do Miño e Pedro Almeida da MARE.

A partir das 14.30h (hora portuguesa) dará comezo o segundo bloque, que estará dedicado ás estratexias de xestión e valorización de recursos. Este bloque contará coas intervencións de Fernando Cobo, da USC, Hélder Lopes, da Universidade do Minho e Pablo Caballero Javierre, Xefe de Servizo do Patrimonio Natural. O moderador nesta ocasión será Carlos Antunes, do Aquamuseu de Vila Nova de Cerveira. Para participar é preciso inscribirse, de forma gratuita, na seguinte ligazón.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS