Este venres 11 de outubro como parte do Mes da Memoria de Nigrán, o investigador Carlos Méixome, autor entre outros do estudo ‘A represión do maxisterio no Val de Miñor’, ofrecerá unha charla. Esta actividade estará centrada na figura do mestre republicano de Nigrán Sebastián Pena e desenvolverase no Auditorio Municipal, con entrada libre ata completar o aforo.
Carlos Méixome: «A memoria de Sebastián Pena debe ser a correcta e non a que o tempo foi confundindo»
Este historiador e escritor desenvolverá unha charla este venres, 11 de outubro, co mestre republicano Sebastián Pena como protagonista