viernes, enero 3, 2025
InicioNewsActualidadeA Xunta asegura que o IES San Paio de Tui seguirá mantendo...

A Xunta asegura que o IES San Paio de Tui seguirá mantendo a ensinanza de Portugués

O IES San Paio de Tui, co apoio da ANPA, Concello e alumnos e alumnas do centro, leva reclamando á Xunta contra a supresión do departamento de Portugués, que afirmaban, suporía unha desorganización na planificación e programación da materia, mais a xunta asegura que non correrá perigo a ensinanza desta lingua.

Así o confirmou o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, no Parlamento Galego, asegurando que «en ningún caso está en perigo a ensinanza do portugués«, tras a polémica sobre a supresión do Departamento de Portugués no IES San Paio de Tui.

O conselleiro explicou que «o Reglamento Orgánico dos Institutos establece que para dispoñer dun departamento propio dunha lingua, esta debe ser a primeira optativa no centro», caso que non ocorre no IES San Paio.

Do mesmo xeito, Román Rodríguez defendeu «a continuidade das clases de portugués no instituto coa mesma dotación de profesores».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS