jueves, diciembre 26, 2024
InicioNewsActualidadeA autopsia revela que a muller do crime de Moaña faleceu por...

A autopsia revela que a muller do crime de Moaña faleceu por afogamento

A autopsia da muller falecida a causa do crime machista ocurrido a pasada fin de semana no término municipal de Moaña apunta a unha morte por afogamento. A muller, que non sabía nadar, falecería afogada tras precipitarse ao mar o vehículo no que viaxaba coa súa parexa. O informe forense conclúe tamén que a o corpo de Fadoua Akkar non presentaba ningún golpe.

Sobre as 5:00 horas do pasado sábado, os servizos de emerxencias recibían varios avisos de que un coche caíra á auga no paseo marítimo de Domaio. Algúns testigos notificaron que «o conductor realizara manobras extrañas e que dera un acelerón antes de precipitarse ao mar».

A Garda Civil, tras descartar que a muller estivese falecida antes de caer ao mar en Domaio, trata de determinar a ruta que fixo o vehículo ata chegar ao peirao. A Policía Local foi alertada esa mesma madrugada debido a unha pelexa cerca do domicilio do detido.

O detido, que se atopa en prisión provisional por homicidio, xustificou na súa declaración xudicial que «a xanela do conductor estaba baixada debido a que é fumador, mentres que a da copiloto estaba pechada». Ademais, asegurou «que quedou inconscente ao volante e despertou no mar».

O corpo da muller, veciña de Salcedo, apareceu flotando mentres se producían as manobras de rescate do vehículo en Domaio.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS