viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasBaixo Miño"A Maleta" abre a programación do mes da Biblioteca en Tui

«A Maleta» abre a programación do mes da Biblioteca en Tui

Esta obra da man de ContAZ, un contacontos inclusivo en lingua de signos e en galego, terá lugar este venres, ás 17.30 horas

A Biblioteca Pública Municipal de Tui abre o seu programa de actividades de “Outubro, mes da biblioteca” cun contacontos inclusivo en lingua de signos e lingua galega a cargo de ContAZ. O seu espectáculo “A maleta” está baseado nun álbum ilustrado do autor Chris Naylor-Ballesteros. Unha historia tenra sobre a amizade, a inclusión e a aceptación do diferente. Esta actividade terá lugar este venres, 11 de outubro, ás 17.30 horas e está dirixida a nenos e nenas dende os 5 anos de idade.

Para a concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade, Sonsoles Vicente Solla, a lingua de signos comeza a empregarse cada vez máis fora da comunidade xorda. Este uso ten relación con persoas e nenos con capacidades diferentes, que serve para aprender a comunicarnos mellor. Esta actividade pretende favorecer o acceso ás actividades de animación á lectura dos nenos e nenas con dificultades de audición e linguaxe. Ademais, ten como obxectivo promover o coñecemento e valorización da lingua de signos na propia sociedade. A Biblioteca é un ámbito excelente para este proceso de integración e aprendizaxe.

Programación completa de «Outubro, mes da biblioteca»

O xoves, 17de outubro, tamén ás 17.30 horas será a quenda do espectáculo “Filipa cos contos”. Esta acción será con Bandullo Azul destinado a nenos con idades entre catro e doce anos. O seguinte xoves, o «Día da Biblioteca», a partir da mesma hora Fantoches Baj presentarán o contacontos “Burromaquia”. A actividade é para as crianzas dende os tres anos.

A Biblioteca súmase á celebración anual, o 16 de outubro, do “Día das escritoras” que este ano 2024 estará dedicado a autora tudense Emilia Rosende. Debido a esta celebración, haberá unha mesa redonda que contará coa presenza da propia autora. Finalmente o mércores 23 de outubro os participantes nos dous Clubs de Lectura que coordina a biblioteca tudense, “María Tydeska” e “Tempo de mulleres”, manterán un encontro coa escritora Rexina Veiga sobre o seu libro “O teu perfil na miña sombra”. Cómpre lembrar que ata venres 25 de outubro continúa aberta ao público a mostra de gravados “A exposición secuestrada. Estampa Popular Gallega. Tui – 1968” na Sala Municipal de Exposicións.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS