jueves, noviembre 28, 2024
InicioNewsO PaísConta atrás para a volta ás aulas de 187.000 estudantes

Conta atrás para a volta ás aulas de 187.000 estudantes

O curso escolar comeza este xoves, 9 de setembro, en Infantil, Primaria e Educación Especial para 187.624 alumnos, 4.832 menos que o pasado ano

O alumnado segue á baixa se comparamos o dato co curso 2019/20, o inmediatamente anterior á pandemia, cando se matricularon 9.180 escolares máis.

En calquera caso, e malia ao descenso de alumnado, a Xunta de Galicia asegura manter os cadros de profesorado por riba dos que había no curso 2019/20, atendendo as necesidades xeradas a partir da COVID-19. Cómpre lembrar que nestas etapas as medidas sanitarias mantéñense invariables respecto das do curso pasado, con grupos burbulla sen distancia de seguridade.

En concreto, 55.698 comezan este ano nas aulas de Educación Infantil, 130.774 en Primaria e 1.152 en Educación Especial

Consulta aquí os datos de matriculación do curso 2021/22 por concellos, na provincida de Pontevedra

PROVINCIA DE PONTEVEDRAInfantilPrimariaEspecial.pdf

Tamén podes consultar no seguinte arquivo o desglose de actuacións (obras) nos diferentes centros, por concellos, da provincia de Pontevedra

ObrasPROVINCIA DE PONTEVEDRA.pdf

 

Comedor e transporte

O mesmo día do comezo de curso escolar empezarán a funcionar os servizos de transporte e os de comedor xestionados pola Consellería. Este ano, a falta de que se pechen as últimas autorizacións, o número estimado de prazas de comedor escolar será de 78.713 (1.653 máis ca no 20/21), das cales 16.658 serían xestionadas por ANPAS ou Concellos, existindo tamén axudas –ou convenios de colaboración– da Consellería neste concepto para ambas entidades. En total o departamento educativo da Xunta xestiona 417 comedores, as ANPAS son responsables de 203 comedores e os concellos de 51.

No que atinxe ao transporte, prestarase servizo –segundo as estimacións provisionais– a 85.531 alumnas e alumnos de 773 centros públicos. Ademais, darase cobertura de transporte a 363 alumnos de centros de Educación Especial que non son públicos a través de convenios con 17 entidades. Deste xeito Galicia volve ser a primeira Comunidade do Estado no referido ao volume que representa este servizo educativo complementario.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS