viernes, octubre 18, 2024
InicioNewsComarcasO Porriño activa un plan para incorporar as vivendas desocupadas do municipio...

O Porriño activa un plan para incorporar as vivendas desocupadas do municipio ao mercado de alugueiro

O Concello de Porriño puxo en marcha o seu Programa de Vivendas Baleiras, unha iniciativa que busca activar o maior número posible de propiedades desocupadas de titularidade privada para incorporalas ao mercado de alugueiro a prezos accesibles.

Esta acción enmárcase dentro do Programa de Mobilización de Vivendas en Alugueiro, impulsado polo goberno autonómico a través do IGVS. A través deste programa o Concello creou un rexistro de potenciais arrendatarios e outro de vivendas e, a través do departamento de Servizos Sociais, adxudicaranse atendendo ás bases reguladoras do mesmo.

Co obxectivo de incentivar aos propietarios, o programa ofrece garantías como un seguro que cobre o abono de rendas non pagas e outro para a reparación de danos durante a vixencia do contrato, ademais de asistencia xurídica.

Os propietarios interesados en participar deberán presentar a súa solicitude antes do 31 de decembro de 2025. Doutra banda, as persoas que busquen vivenda e cumpran cos requisitos establecidos poderán inscribirse no rexistro de demandantes do concello.

Este programa está deseñado para axudar a quen enfronta dificultades para acceder a un alugueiro, asegurando que a renda non supere o 30% dos seus ingresos.

Cales son os requisitos?

Entre os requisitos esixibles están que deben estar empadroadas no Concello do Porriño e que se atopen nunha situación persoal ou familiar que supoña unha dificultade para acceder a unha vivenda en alugueiro.

“Este programa pode ser un recurso fundamental para moitas familias do Porriño que se
atopan en situación de vulnerabilidade, con dificultades para acceder á unha residencia debido á súa situación económica e á escaseza de vivendas en alugueiro”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo.

O rexedor destacou tamén que a colaboración público-privada, coa implicación das
administracións e propietarios, é esencial para poder solventar esta situación “por iso
agradezco de antemán aos propietarios que se sumen a esta iniciativa”.

As bases poden consultarse na seguinte ligazón: Concello do Porriño.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS