viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsActualidadeOperarios traballan para retirar as árbores que caeron no Castelo de Soutomaior...

Operarios traballan para retirar as árbores que caeron no Castelo de Soutomaior para abrilo o venres

A Deputación de Pontevedra manterá pechado o castelo de Soutomaior este xoves para poder garantir a seguridade das persoas visitantes. Varias árbores do xardín do recinto caeron por mor das fortes chuvias e ventos provocados pola borrasca Kirk e un equipo de operarios está a traballar no acondicionamento do espazo para abrilo, previsiblemente, este venres.

Abren o de Sobroso este xoves

Pola súa banda, no caso do castelo de Sobroso, a institución provincial prevé que mañá estea aberto no seu horario habitual, debido a que os danos que ocasionou o ex furacán ao seu paso pola contorna do recinto histórico atópanse solucionados.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS