Un mozo de 24 anos, de Tui, faleceu despois de caer da moto que conducía na estrada PO-340, ao seu paso pola parraquia de Malvas.
Ao redor das 18:15 horas, unha persoa particular alertaba ao 112 Galicia deste sinistro e, deseguido, tamén os servizos sanitarios confirmaban o accidente e indicaban ademais que a persoa estaba inconsciente.
De maneira inmediata, os xestores do 112 Galicia comunicaban os feitos á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros do Baixo Miño e tamén á Policía Local e Protección Civil de Tui.
Xa no lugar, os servizos de emerxencias non puideron máis que confirmar o falecemento do motorista, un mozo de Tui de 24 anos de idade.