Os plans de despregue foron presentados polas empresas Telefónica e Vento Verde e contan con informes técnicos favorables.
Os plans presentados aos concello de Arbo, polas empresas Telefónica e Vento verde, que contan cos informes técnicos favorables, queren poñer ao municipio de Arbo na vanguardia das telecomunicación «co obxetivo de facer chegar as últimas tecnoloxías aos veciños e as veciñas», segundo apunta o concello nun comunicado. Así, despregarase unha rede de telecomunicacións de última xeración, de maneira que se fará chegar a fibra óptica no vindeiro ano ata as vivendas dos usuarios.
Coa instalación da mencionada fibra óptica «o que se pretende é outorgar aos veciños e veciñas de Arbo, as vantaxes que este servizo ofrece como poden ser con maior seguridade e velocidade na transmisión de datos e navegación a alta velocidade», segundo explica o alcalde de Arbo, Horacio Gil.
«A presentación do plan de despregamento ofrece así á operador axilidade e eficiencia na instalación de redes e, ao mesmo tempo, representa unha ferramenta fundamental para os Concellos á hora de asegurarse de que os intereses das operadoras non prexudican aos intereses urbanísticos do municipio, e de que as infraestruturas se sitúan nos lugares correctos e instálanse de forma adecuada», tal e como apunta a administración local.
Os plans que se presentaron contemplan os supostos nos que se efectuarán os despregamentos de cables e equipos por fachadas ou aéreos, que respectarán as condicións técnicas esixidas para despregamentos.
O alcalde, Horacio Gil, expresa a súa satisfación pola aprobación deste proxecto xa que «despois de tanto reclamo por parte desta administración darase aos veciños e veciñas de Arbo, un servizo moi demandado e estas son melloras imprescindibles nos tempos nos que vivimos xa que practicamente podemos facer todo por internet»
Nas vindeiras semanas o rexedor manterá unha reunión con responsables das empresas para acadar un resultado a curto prazo para a instalación da fibra óptica.