jueves, noviembre 28, 2024
InicioComarcasLouriñaMáis dun cento de nenos participa nunha xornada de convivencia en Afouteza

Máis dun cento de nenos participa nunha xornada de convivencia en Afouteza

A Cidade Deportiva do Celta en Pereiras acolle hoxe o encontro, que se atopa incluído dentro do programa de actividades con motivo da etapa 20 de La Vuelta 21 en Mos

Máis de 100 nenos e nenas de Mos e Vigo de entre 4 e 12 anos de idade participaron entre onte e hoxe nunha xornada de convivencia organizada polo RC Celta na Cidade Deportiva Afouteza en Pereiras, dentro do programa municipal de actividades con motivo da meta da etapa 20 de La Vuelta 21 en Mos.
O cento de cativos participantes recibiu esta mañá a visita da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; do Director da Fundación Celta, Germán Arteta; de Fernando Rodilla, en representación do patronato da Fundación Celta e do concelleiro de Deportes mosense, José Areal.
A inscrición dos participantes realizouse a través dos clubes de fútbol locais, Unión Deportiva Mos e Club Louro Tameiga; e das ANPAS dos distintos centros educativos mosenses.
A Xornada de Convivencia Afouteza ten lugar en horario matinal, desde as 10.00 e ata as 13.00 horas.
Os nenos e nenas gozan dunha xornada de convivencia onde realizaron unha visita guiada pola Cidade Deportiva Afouteza, e unha posterior actividade no campo de adestramento do RC Celta cun carácter lúdico e co obxectivo de gozar dun día de fútbol.

Protocolo de acceso

A entrada ás instalacións realizouse a partir das 10.00 horas exclusivamente para os nenos e nenas que participan na actividade. No acceso ás instalacións realizouse protocolo COVID con toma de temperatura e xel desinfectante.

La Vuelta

Esta trátase dunha iniciativa máis enmarcada dentro do programa de actividades con motivo da etapa 20 Sanxenxo-Mos (Castro de Herville) que terá lugar o sábado 4 de setembro.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS