domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsActualidadeDetido un dos prófugos que escapou do cárcere 'Vale de Judeus' o...

Detido un dos prófugos que escapou do cárcere ‘Vale de Judeus’ o mes pasado

Na noite do pasado domingo foi detido en Tanger, polas autoridades marroquís, Fábio Loureiro, un dos cinco reclusos que fuxiran do Centro Penitenciario ‘Vale de Judeus’ no pasado mes de setembro.

Tras a fuxida dos presos, Portugal decretou unha alerta internacional que foi imprescindible para a detención de Fábio Loureiro. Tras o aviso da Policia Xudicial que aseguraba que Fábio se atopaba en Marrocos, desenvolveuse unha operación ‘retorno’ na que estivron implicadas as autoridades marroquís, portuguesas e españolas, que concluiu con éxito.

O recluso estaba condeado a 25 anos de prisión, a pena máxima en Portugal, por crimes de rapto, tráfico de estupefacentes, asociación criminal, roubo a man armada e evasión. O resto dos prófugos seguen en liberdade.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS