Sobre as 11:50 horas deste xoves, o 112 Galicia recibía o aviso dun particular alertando que dous coches colisionaran na N-120 á altura da Capela dos Remedios.
Dous coches colisionaron na N-120, no quilómetro 645, á altura da Capela dos Remedios de Ponteareas, sobre as 11:50 horas. Foi entón cando o 112 Galicia recibiu o aviso dun particular alertando do suceso. O accidente deixou a tres persoas feridas. Ata o lugar desprazáronse os axentes de tráfico, Polícia Local, Bombeiros da localidade así como o GES e unha patrulla de protección civil.
Dende urxencias sanitarias, confirman, que, polo de agora, son tres persoas as que resultaron feridas neste accidente na N-120.