martes, diciembre 3, 2024
InicioNewsComarcasArbo homenaxea a Sela polo medio siglo da súa Festa da Colleita

Arbo homenaxea a Sela polo medio siglo da súa Festa da Colleita

Este sábado, 12 de outubro, a parroquia de Sela vístese de gala para celebrar os 50 anos da Festa da Colleita

A parroquia de Sela, en Arbo, celebra dende hai 50 anos a colleita dos produtos da terra cunha festa emblemática. Esta celebración destaca, ademais da gastronomía, polo xa tradicional e masivo desfile de tractores que traballaron os campos nos últimos meses.

Esta edición terá como novidade a colocación dunha placa conmemorativa na Praza da Feira en recoñecemento a labor desenvolvida durante 50 anos. Así mesmo, o Concello de Arbo organizará un acto público para todos os veciños do municipio para conmemorar esta festa coa colocación. Este homenaxe é en virtude do acordo adoptado no pleno da Corporación de data 26 de setembro de 2024.

Historia e tradición da Festa da Colleita

A Festa da Colleita é unha vella tradición que se ven celebrando dende a década dos anos 70. Segundo os máis vellos da parroquia a Festa da Colleita comezou no ano 1972, cando a veciñanza de Sela adornaba os seus carros para acompañar a Santa Isabel e San Martiño na procesión dos actos relixiosos pola rúas. Tamén brindaban os produtos recollido no outono como eran o millo, froita, tomates, pementos, patacas, viño e cabazas, entre outros.

«Este evento xurdiu para festexar que a terra volveu dar os seus froitos, que o traballo e o esforzo levado a cabo durante meses polos campesiños para producir alimentos rematou», informa o alcalde do Concello Horacio Gil, na súa proposta. A singularidade, arraigo e tradición da Festa da Colleira, vese en todos os detalles. O decorado da Praza donde ten lugar a cerimonia, a procesión e ofrenda dos produtos durante o acto relixioso son algúns dos aspectos máis sinbólicos. O viño novo ofrecido polos organizadores durante toda a xornada, o poteiro facendo a augardente, o concurso de postres caseiros e o desfile de tractores son outras tradicións destacadas da celebración.

«A Festa da Colleita, rende cada ano unha merecida homenaxe ao esforzo investido polos viticultores, agricultores, adegueiros, augardenteiros, e a todos os veciños e veciñas de Sela. Estes manteñen viva as tradicións e premia o esforzo, a veciñanza e a amizade, onde todos traballan xuntos para amosar que Sela e unha parroquia singular e única, o igual que a súa Festa, non existindo outra similar, en toda a comarca da Paradanta e Comarca dos arredores», manifesta o alcalde Horacio Gil.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS