domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsComarcasMos, con 34 casos activos de víctimas de violencia de xénero, únese...

Mos, con 34 casos activos de víctimas de violencia de xénero, únese ao Sistema VioGén

O Concello adhírese ao Protocolo FEMP para a protección de mulleres vítimas de violencia machista e doméstica

Esta mañá celebrouse en Mos unha nova sesión da Xunta Local de Seguridade. Na orde do día abordáronse un total de seis puntos incluíndo a lectura e aprobación da acta anterior. Fíxose un balance da criminalidade no termo municipal e analizáronse a implantación e seguimento do “Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e a súa contorna”. Tamén se estudou o Informe Municipal e a situación actual da violencia de xénero. Ademais, analizouse a adhesión do Concello de Mos ao Protocolo FEMP para a protección de vítimas de violencia doméstica e de xénero.

Así mesmo, nesta sesión Xunta Local deuse conta de que neste municipio hai 34 casos activos, con 12 vítimas de risco non apreciado, 20 con risco baixo e 2 con risco medio. Por outra banda, non hai ningunha con risco alto ou extremo. A incorporación de Mos no sistema VioGén implica que a Policía Local pasará a colaborar coa Garda Civil no seguimento e protección das vítimas.

A alcaldesa do Concello de Mos, Nidia Arévalo e a concelleira de Educación e Mocidade,
Julia Loureiro foron algunhas das personalidades presentes. Ademais, participou a xefa da Unidade de Violencia sobre a Muller, a subinspectora da Policía Nacional e ademáis veciña mosense, María José Rodríguez. Así mesmo, estiveron o Subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, e representantes de diferentes corpos de seguridade. Tamén interviñeron traballadoras do CIM (Centro de Información á Muller de Mos) como a directora do Centro, Alba Bugarín e a xurídica, Ana María Rodríguez Cabaleiro.

O Sistema VioGén

O Sistema de Seguimento Integral nos casos de Violencia de Xénero, da Secretaría de Estado de Seguridade do Ministerio do Interior, é un Sistema de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero. Os seus obxectivos son aglutinar ás diferentes institucións públicas que teñen competencias en materia de violencia de xénero e integrar toda a información de interese que se estime necesaria. Tamén encárgase da predición do risco e atendendo ao seu nivel, realiza un seguimento e protección ás vítimas en todo o territorio nacional.

Así mesmo, efectuaa un labor preventivo, emitindo avisos, alertas e alarmas, a través do «Subsistema de Notificacións Automatizadas» cando se detecte algunha incidencia ou acontecemento que poida poñer en perigo a integridade da vítima. Desta forma busca, finalmente, establecer unha tupida rede que permita o seguimento e protección de forma rápida, integral e efectiva. Así as mulleres de Mos que se atopen nesta situación de risco pasarán a estar protexidas en calquera lugar do país a través deste sistema.

Deste xeito, coordinarase entre todas as administracións responsables e Corpos e Forzas de Seguridade o dispositivo necesario para optimizar a protección e seguridade das mulleres de Mos vítimas de violencia e/ou abusos, ou que se atopen en risco de estalo. E así lograr unha adecuada coordinación entre administracións co fin de previr e evitar riscos de agresións e crimes de xénero. Con este sistema ofrécese un seguemento e protección integrais ás vítimas e trátase dunha atención especializada para o seguemento integral dos casos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS