L Festa da Colleita de Sela – Arbo
O venres 11 de outubro a partir das 20.00 horas haberá degustación de chourizos asados e animación musical a cargo do dúo Ángel América e a orquestra Miramar. O sábado, ás 11.00 horas oficiarase a misa solemne en honra a Santa Isabel e San Martiño e desde as 12.00 horas a charanga OT animará a sesión vermú. Ás 17.00 horas comezará o tradicional desfile de tractores e ás 18.00 horas o IX Concurso de Sobremesas Caseiras. Tamén haberá pulpeiro e degustación de viño e augardente.
«Iribarne» de ButacaZero – Tui
A compañía ButacaZero presenta este venres, 11 de outubro, ás 21.00 horas no Teatro Municipal de Tui «Iribarne», dirixida por Xavier Castiñeira e da autoría de Esther F. Carrodeguas. A obra, que combina crítica social, humor e reflexión política, ten unha duración de 3 horas, cun descanso de 15 minutos.
Día da Hispanidade 2024 – Baiona
O sábado 12 de outubro a partir das 18.00 horas Baiona celebrará o Día da Hispanidade, comezando cun acto conmemorativo para seguir festexando despois nun concerto homenaxe á música latina co grupo «SonBoleros»
VII Trofeo Ciclocrós Avanza Concello do Porriño – Porriño
O sábado 12 de outubro, a pista de atletismo do Porriño converterase de novo no epicentro do ciclismo de montaña coa celebración do VII Trofeo Ciclocrós Avanza Concello do Porriño. A competición dará comezo ás 11.00 horas e contará cun total de 19 categorías, incluíndo infantís, cadetes, junior, Sub 23, elite e varias categorías de máster, tanto masculino como feminino.
LXI Festa do Marisco do Grove – O Grove
Durante toda a fin de semana O Grove porá fin á súa tradicional Festa do Marisco, que comezou o pasado día 3 de outubro. Gastronomía, música e troula para finalizar unha semana chea de actividades.
Contacontos infantil na Biblioteca de Tui – Tui
Este venres día 11, ás 17:30h a Biblioteca Municipal de Tui acollerá o contacontos «A Maleta. Contacontos inclusivo en lingua de signos e lingua galega» da man de ContAZ, dirixido a nenos e nenas a partir dos 5 anos de idade.
Festa do Outono do Pilar – O Rosal
A Praza do Calvario, no Rosal, acollerá do 11 ao 13 de outubro unha ampla programación con homenaxe aos cabaqueiros, concertos, contacontos, a III Feira de Produto e o IV Memorial Irmáns Flores. Unha morea de actividades para todos os públicos e grupos de idade.
Xornada de eliminación da especie invasora «Uña de Gato» – A Guarda
O domingo 13 de outubro organízase unha xornada de eliminación da especie invasora Uña de Gato. A xornada comezará ás 10:30h na Atalaia, na Guarda e terá unha duración de 2 horas. Podes inscribirte no correo electrónico medioambiente@aguarda.es ou no teléfono 676 67 48 37.
‘Rebelión no Conto’ de Dramiño Teatro – Salvaterra de Miño
O domingo 13 de outubro o Grupo Infantil de Dramiño Teatro presenta a obra realizada no Taller de Obradoiro Infantil que tivo lugar este verán. A peza teatral está dirixida por María Gomez e Ángel Vidal, quen é tamén autor do texto.
A obra dará comezo ás 17:30h na Casa Cultural de Salvaterra de Miño.
Ciclo de teatro ‘Tea Trea’ – Ponteareas
O grupo Tro Tea Tro inaugurará un novo ciclo de teatro este domingo, 13 de outubro, ás 18:00 horas coa obra “Mambrú volveu da guerra”. Terá lugar no Auditorio Reveriano Soutullo, que será o encargado de acoller todas as actuacións comprendidas nesta nova edición do Ciclo de teatro ‘Tea Trea’.
A Coral Polifónica pon voz ao outono – Tomiño
Este domingo, 13 de outubro, os seus máis de 30 compoñentes da Coral Polifónica de Tomiño subiranse de novo ao escenario do auditorio municipal de Goián. O concerto, que comezará ás 19.00 horas, estará aberta a todos os públicos con entrada de balde. Ofrecerán unha mestura de cancións populares, clásicas e contemporáneas baixo a batuta do director David González.
Foodtrucks Galicia Sabe a Mar
As foodtrucks da Consellería do Mar percorren toda Galicia ofrecendo degustacións de pratos preparados con produtos galegos procedentes do mar. Esta fin de semana poderás atopalas o venres 11, nas Neves, sábado 12 en Covelo e O Rosal e o domingo 13 en Cañiza e Tomiño.
XIII BTT do Requeixo – As Neves
Ás 9:15h da mañá deste sábado 12 de outubro sairá da Praza Maior das Neves a XIII BTT do Requeixo organizada pola ACD Sanomedio.
II Festa Furancheira San Xurxo – Salceda de Caselas
O venres 11 e o sábado 12 de outubro terá lugar no Torreiro de Santa Bárbara a II Festa Furancheira de San Xurxo. A festa dará comezo a partir das 19:00he os furanchos participantes serán: A do Crespo, Carnaval San Xurxo, Centro Cultural e Bar Vendanova.
Concerto de outono – Tomiño
A Coral Polifónica de Porriño actuará este domingo día 13 no Auditorio Municipal de Goián ás 19:00h. A entrada será de balde para todo o público asistente.