Durante esta fin de semana, Vigo rexitrou episodios de atascos no tráfico da cidade por mor das choivas e, sobre todo, no acceso á estación intermodal de Vialia. E é que alí xuntanse as persoas que acoden a coller o tren ou o autobús con aquelas que deciden acudir ao centro comercial.
Neste contexto, o alcalde da cidade olívica, Abel Caballero, apunta que «o novo túnel de acceso directo a Vialia desde a autoestrada aliviará o tráfico e evitará problemas». E prevé que a súa apertura teña lugar durante o mes de novembro.
Apunta que o novo túnel de acceso desde a autoestrada AP9 ao edificio de Vialia, que facilita o acceso ao aparcamento da estación «sen ter que entrar no corazón da cidade» e eludindo a entrada a Vigo «aliviará o tráfico e evitará problemas». Asi o aseverou no simulacro que tivo lugar no propio túnel e que estivo coordinado polo 112 Galicia, Garda Civil, Policía NAcional e Policía Local así como por Bombeiros.
Caballero afirmou que unha vez aberto o novo túnel, en novembro, «acabaremos satisfactoriamente a gran obra da estación do AVE; a chegada en alta velocidade dos trens a Vigo, todo o ámbito de Vialia, a nova praza, o HALO, e os accesos de entrada e saída da cidade. É unha obra excepcional que cambia unha cidade e poucas urbes no mundo teñen algo como temos nós aquí, en Vialia. É unha forma de entender a modernidade de Vigo».
Simulacro
O simulacro reproduciu unha situación de máximo perigo provocado polo incendio dun vehículo no seu interior. «Un simulacro en tempo e condicións reais para garantir que a seguridade do túnel está nas mellores das condicións», afirmou o alcalde.
Entre as accións realizadas pola Policía Local atópanse o peche das barreiras, coa finalidade de comprobar que se bloqueou o acceso ao túnel para impedir a entrada de vehículos desde a AP-9. Tamén activaron a megafonía SOS para comprobar a transmisión de mensaxes de evacuación dirixidos aos ocupantes do túnel. Ademais, revisaron as saídas de emerxencia para verificar que todas as saídas estean accesibles e operativas.
Durante o simulacro verificouse a coordinación cos bombeiros, asegurando que poidan acceder ao túnel e organizar os puntos de intervención. Procedeuse a monitorear as cámaras e supervisar en tempo real o incidente para avaliar a situación dentro do túnel.
A Policía Local tamén controlou a sinalización para cambiar a electrónica e as indicacións de emerxencia tanto á Sala de Xestión da Mobilidade como ao Centro de Xestión do Tráfico do Noroeste: paneis de mensaxe variable da AP-9. Ademais, asegurouse o contacto continuo cos equipos de emerxencia para coordinar as accións.