domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsComarcasO Concello de Baiona mellorará a súa accesibilidade coa instalación dun novo...

O Concello de Baiona mellorará a súa accesibilidade coa instalación dun novo ascensor

Comezan as obras para a instalación dun ascensor que axude a mellorar a accesibilidade no edificio municipal

Arraca a obra no Concello de Baiona que ten como obxectivo a colocación dun novo elevador. Esta obra facilitará o acceso, tanto a aquelas persoas con problemas de mobilidade como ás nais con carriños, á primeira planta.

Un paso importante xa que no primeiro andar é onde se sitúa a secretaría, o servizo de medio ambiente, distintos despachos como o do alcalde, así como o salón de plenos.

Na segunda planta, atópanse outros departamentos municipais como o de intervención, tesourería, persoal ou cultural. Ata a data, ás plantas superiores deste inmoble só podía accederse mediante a escaleira.

O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, explica que é un proxecto “importante e necesario”, porque “a mellora da accesibilidade era unha actuación pendente desde hai anos».

«Con estas obras vai achegar a administración á cidadanía e vaise permitir ás persoas con discapacidade ou mobilidade reducida do municipio poder realizar as súas xestións e acceder aos servizos públicos” destacou o rexedor.

As obras de instalación do ascensor supoñen á súa vez a modificación das distribucións interiores dos distintos departamentos municipais localizados na planta baixa. Desta forma, a oficina municipal de rexistro pasa a situarse no recibidor do edificio, enfronte da oficina da Policía Local.

En canto ao departamento de urbanismo, o acceso estará directamente dende a porta de acceso da rúa Lorenzo da Carreira. Por outro lado, para acceder ao departamento de servizos sociais, deberase entrar pola rúa Xogo dá Bóla.

O orzamento total desta actuación é de máis de 196.000 euros. De feito, a edificación atópase dentro do plan especial de protección do centro histórico de Baiona, cun nivel máximo de protección integral. É por iso, que a actuación exposta considérase a máis adecuada para o edificio, desde o punto de vista do equilibrio entre a protección patrimonial e a accesibilidade.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS