viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsComarcasPorriño avanza cara unha xestión máis eficiente no seu archivo dixital

Porriño avanza cara unha xestión máis eficiente no seu archivo dixital

Dez alumnos-traballadores da especialidade “Tecnoloxías da Información e Comunicación” do Obradoiro de Emprego “Porremprego Cualifica II” desenvolveu un traballo de recompilación, tratamento e dixitalizaciónde máis de 1.000 expedientes

O Concello do Porriño finaliza con éxito o traballo de dixitalización dos expedientes administrativos do Departamento de Urbanismo. Este importante proxecto está levado a cabo polo alumnado-traballador da especialidade de “Tecnoloxías da Información e Comunicación” do Obradoiro de Emprego “Porremprego Cualifica II”. A súa colaboración permitiu dixitalizar un total de 1070 expedientes de diferentes departamentos municipais. Os documentos abarcan desde o ano 2002 ata a implantación do sistema Xestiona na administración local.

Un equipo de dez alumnos-traballadores dedicouse a este labor durante case 2.000 horas. Recibiron formación práctica e teórica que lles permitiu obter certificados de profesionalidade en “Gravación de Datos e Documentos I” e “Actividades Administrativas en Relación ao Cliente II”. Este programa dual de formación e emprego foi en colaboración coa Xunta de Galicia, que achegou 531.000 euros. Este investimento estivo acompañado de 25.000 euros da achega municipal e 30.000 euros de fondos autonómicos para incentivos de contratación.

“Este gran traballo de obra realizado polo alumnado-traballador desta especialidade, permitiulles tamén adquirir unhas habilidades, competencias e coñecementos moi importantes que poden contribuír de cara ao futuro próximo a súa inserción laboral”, apuntou a concelleira de Emprego e Formación, Rosario Costas.

O traballo realizado proporcionou aos alumnos os coñecementos necesarios para desempeñar funcións crave no ámbito administrativo. Estas funcións serían o tratamento de textos, a recompilación de expedientes e a súa dixitalización. “Este avance na dixitalización facilitará enormemente a xestión municipal, facendo que os nosos servizos sexan máis accesibles e eficientes”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS