jueves, noviembre 21, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoOs mellores bailaríns de España e Portugal disputarán o Trofeo Concello de...

Os mellores bailaríns de España e Portugal disputarán o Trofeo Concello de Tui

Máis de 500 persoas competirán nas distintas modalidades desta proba de baile deportivo que forma parte do Circuíto Ibérico

Esta fin de semana está prevista unha competición destacada, no pavillón municipal Gustavo Rodríguez, que reunirá aos mellores bailaríns de España e Portugal. Máis de 500 persoas participarán no Trofeo Concello de Tui de Baile Deportivo, sendo a cuarta proba do Circuíto Ibérico de Baile Deportivo, que rematará coa quinta en Guadalaxara. Está organizada pola Escola de Baile Pasos Galicia, en colaboración co Concello de Tui e as Federacións Española e Galega de Baile Deportivo.

Este Trofeo Concello de Tui foi presentado esta mañá na casa do concello polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, que explicou a programación. Tamén participaron o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, e o presidente da Escola de Baile Pasos Galicia e director do trofeo, Miguel Abreu.

O Trofeo Concello de Tui de baile deportivo comezará o sábado, 5 de outubro, a partir das 15.00 horas no pavillón municipal Gustavo Rodríguez coas probas de baile estándar e latinos. Nestas modalidades competirán 100 parellas dende a categoría junior a senior. O domingo a competición desenvolverase dende as 11.00 ás 20.00 horas con 250 persoas en grupos, 100 en singles e caribeños. Os dous días haberá probas tanto do Circuíto Ibérico coma puntuables para o ranking nacional.

Miguel Abreu, presidente da Escola de Baile Pasos Galicia e director do trofeo, explicou os detalles da competición que reunirá a 500 persoas. A metade dos participantes chegará dende Portugal e a outra metade de España. Ademais de bailaríns galegos, acudirán deportistas de Cataluña, Valencia, Andalucía e Madrid, entre outras comunidades. Abreu destacaba que se trata “dun competición de nivel alto” que contará con 7 xuíces internacionais de España, Portugal e Francia. A entrada terá un prezo de 8€ cada día.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS