sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsActualidadeO Concello do Porriño construirá un novo parque infantil na Vaquería

O Concello do Porriño construirá un novo parque infantil na Vaquería

A nova área de xogo contará cunha variedade de elementos deseñados para fomentar a
diversión e a seguridade dos nenos, incluindo dous balancíns individuais, un multixogo
e un bambán

O Concello de Porriño iniciou xa os traballos de construción dun novo parque infantil na parroquia de Budiño, un proxecto que forma parte dunha serie de iniciativas destinadas a crear e mellorar zonas públicas de xogo para a cativada en todo o municipio. Este novo espazo, que responde á necesidade de áreas infantís na zona, situarase nunha parcela próxima ao polígono industrial no barrio Vaquería, onde actualmente non hai parques próximos para os máis pequenos.


O concelleiro de Parques Infantís, Marcos Martínez, explicou que o novo parque “ten unha superficie de máis de 150 m² e contará cunha variedade de elementos de xogo deseñados para fomentar a diversión e a seguridade dos nenos. Entre as instalacións incluiranse dous balancíns individuais, un multixogo e un bambán.” Para garantir a seguridade dos usuarios, as obras comezaron co movemento de terras necesario para a instalación dunha malla geotextil perimetrada en formigón, sobre a cal se estenderá unha grosa capa de area.


Este proxecto representa un investimento de 15.000 euros, dos cales o 70% está financiado grazas a unha subvención autonómica destinada á creación e mellora de infraestruturas e equipamentos. “Seguimos comprometidos co benestar dos máis pequenos e a creación de espazos de calidade onde poidan socializar e xogar”, concluíu o alcalde, Alejandro Lorenzo “Queremos que O Porriño sexa un lugar onde todos os nenos poidan crecer felices e activos”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS