sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsComarcasSalvaterra ofrece un obradoiro de alfabetización dixital e financieira para os maiores

Salvaterra ofrece un obradoiro de alfabetización dixital e financieira para os maiores

O programa “Conectando Mayores” levará a cabo estas formacións dirixidas ás persoas da terceira idade

O Concello de Salvaterra de Miño organiza unha formación en novas tecnoloxías para maiores de 60 anos dentro do programa “Conectando Mayores”. Este proxecto será en colaboración coa asociación Secot, unha organización sen ánimo de lucro asesora. O curso terá lugar os días 21 e 22 de outubro na Casa do Maior en Leirado e o 4 e 5 de novembro na Biblioteca Municipal de Salvaterra en horario de 11.00 a 12.30 horas.

Esta actividade é totalmente gratuíta. O seu obxectivo é incorporar o coñecemento das tecnoloxías de comunicación móbiles ós maiores para que utilicen os dispositivos Smartphone e Tablets na súa vida cotiá. Ademais, queren que entendan estos elementos como ferramentas de apoio, sobre todo no uso da banca móbil e compras online. Para inscribirse as persoas interesadas poderán facelo a través do teléfono 617 189 167 ou ben no correo animacion@concellodesalvaterra.org.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS