viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsComarcasFin de semana marcada pola solidaridade no Porriño

Fin de semana marcada pola solidaridade no Porriño

O sábado celebrarase o I Bingo Solidario en beneficio de Aceesca e o domingo disputarase a II Carreira Solidaria de Empresas-XIII Interrunning que axudará a Bicos de Papel, AECC e SOS Porriño

A fin de semana no Porriño está marcada pola solidariedade. E é que dentro dos múltiples eventos que acollerá a Vila do Louro hai dous que destacan polo seu carácter benéfico. Este sábado celebrarase o I Bingo Solidario organizado por Acipor o CRC, en colaboración co Concello do Porriño, en beneficio de Aceesca. Ademais, na xornada do domingo disputarase a II Carreira Solidaria de Empresas-XIII Interrunning que axudará a Bicos de Papel, AECC e SOS Porriño.

Todo o recadado no bingo solidario irá destinado ao proxecto “Miña casa, miña comunidade” de Aceesca. Este programa pretende ofrecer unha residencia inclusiva para 30 persoas con grandes necesidades de apoio, axudándolles a vivir de maneira independente e segura na comunidade de Torneiros. O Bingo Solidario ofrece unha noite de diversión asegurada na que se repartirán máis de 1.000 euros en premios. Celebrarase no salón de actos do Círculo Recreativo Cultural a partir das 21.00 horas e a entrada é libre ata completar aforo.

Por outra banda, o evento deportivo do domingo ten un nobre propósito, xa que os fondos recadados irán á asociación de axuda aos nenos de oncoloxía do hospital Álvaro Cunqueiro, Bicos de papel. Tamén destinaranse á Asociación Española Contra o Cancro e ao programa municipal de alimentos SOS Porriño. Así mesmo, contará coa participación de Discamino, abrindo un horizonte máis inclusivo para as seguintes edicións.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS