viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsO País300 compañías e máis dun centro de actuación logran espallar a cultura...

300 compañías e máis dun centro de actuación logran espallar a cultura por toda a provincia

O presidente provincial, xunto co deputado de Cultura, Jorge Cubela, presenta diante de alcaldes e concelleiros de toda a provincia unha novidosa iniciativa que impulsa a Deputación en colaboración co sector cultural

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, presentou a iniciativa +Escénicas, o primeiro circuíto de teatro e danza que promove a Deputación. Nesta presentación, Luis López destacou a colaboración entre este organismo, o sector cultural e os concellos para espallar a cultura por todos os recunchos da provincia. Acompañado por Jorge Cubela, deputado de Cultura, Xuventude e Reto Demográfico, o mandatario provincial remarcou a posta a disposición deste programa aos concellos.

A inciaitiva conta cun catálogo no que se integran 286 compañías de teatro e danza e que tivo un exitosa acollida ao ter aprobadas xa 105 actuacións. Estas foron en 51 concellos de menos de 20.000 habitantes na súa primeira edición. “Falar de +Escénicas é tamén falar de municipalismo e dun sector que contribúe co seu talento e traballo a construír unha provincia máis rica”, afirmou Luis López.

Así mesmo, +Escénicas trátase do primeiro circuíto de teatro e danza posto en marcha pola Deputación e dotado cun orzamento de 175.000 euros. Deste investimento correspóndelle a cada concello un máximo de 3.400 euros para programar ata tres actuacións. Ademais, a Deputación financiará o 90% do custo naqueles concellos de menos de 5.000 habitantes. Tamén encargarase do 80% nos de están entre 5.000 e 10.000 e o 70%, nos que teñen entre 10.000 e 20.000. Son os gobernos locais os que escollen dun catálogo elaborado polo organismo provincial. Este conta con 258 compañías de todas as disciplinas do teatro e 28 de danza, as actuacións a programar nos seus auditorios ou centros culturais.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS