Meteogalicia emite un aviso amarelo nas provincias da Coruña e Pontevedra, así como nas zonas de montaña de Ourense e Lugo polas fortes choivas e persistentes que terán lugar durante este mércores.
Con todo, as temperaturas oscilarán entre os 16 e os 22 graos polo que non se agarda unha xornada de frío aínda que si con precipitacións. De feito, agárdanse acumulacións de auga de ata 40 litros en 12 horas.
A medida que avance o día, as choivas irán amainando.
Meteogalicia desactiva o aviso para este xoves. Outras comunidades están tamén en alerta como é o caso de Castela e León ou Asturias, entre outras.