viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsComarcasO presidente autonómico reuniuse con Roberto Sebastián Bosch en Vigo

O presidente autonómico reuniuse con Roberto Sebastián Bosch en Vigo

Alfonso Rueda destacou a Estratexia Galicia Retorna cun cento de medidas para apoiar aos galegos do exterior que queren regresar á comunidade

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, estivo esta mañá co embaixador da Arxentina en España, Roberto Sebastián Bosch. Rueda trasladou o interese de Galicia por manter a colaboración entre ambas rexións para avanzar nos intereses das empresas e os galegos afincados no país latinoamericano.

Neste encontro celebrado en Vigo tamén participaron a cónsul xeral da Arxentina en Galicia, Silvina Isabel Montenegro, e o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo. Durante a reunión, o líder do Goberno autonómico lembrou a importancia de afianzar as relacións económicas, especialmente no sector pesqueiro.

Nesta liña, lembrou que Galicia é unha potencia pesqueira internacional con gran presenza na Arxentina. As empresas galegas xeran 5.500 empregos no sector da pesca e transformación de produtos no mar na Arxentina. Así mesmo, hai 80 buques pesqueiros de capital galego con bandeira arxentina, polo que se trata dun eido clave para dinamizar a economía nese país.

Ademais, durante a xuntanza, Rueda salientou a aposta da Xunta por facilitar o retorno a todos os galegos do exterior que desexen volver a súa terra a través da Estratexia Galicia Retorna. O plan inclúe un cento de medidas como axudas para afrontar os gastos iniciais do traslado, bolsas para estudar un máster e FP ou programas específicos para emprender.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS