lunes, noviembre 25, 2024
InicioO PaísA CoruñaA Xunta selecciona unha trintena de concellos para optimizar as súas redes...

A Xunta selecciona unha trintena de concellos para optimizar as súas redes de abastecementos

Ángeles Vázquez salienta entre as actuacións destacadas a desenvolver a posta en marcha en Galicia de 440 estacións dixitais de medición e rexistro dos sistemas e de centros de datos locais para xestión e control remoto dos parámetros monitorizados

O Goberno galego, a través do organismo hidráulico Augas de Galicia, acaba de seleccionar 27 concellos galegos de menos de 20.000 habitantes. Esta selección empezará a traballar da man coa Xunta co obxectivo de optimizar o funcionamento dos seus sistemas de abastecemento en alta. A mellora realizarase a través da aplicación e do aproveitamento das novas tecnoloxías.

Así o adiantou esta mañá a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, durante unha visita ao concello coruñés de Vilarmaior. Este municipio é un dos escollidos para participar na iniciativa despois de amosar o seu interese en poder participar no procedemento convocado polo Goberno galego a finais do pasado mes de xuño.

A primeira fase do novo Plan de dixitalización do ciclo integral da auga empezará a executarse este mesmo outono. Foi adxudicado hai uns días por un importe de 5,3 millóns de euros, contía cofinanciada con fondos europeos a través do programa NextGenerationUE. O plan ten como obxectivo que todas as actuacións incluídas no contrato estean rematadas e operativas en xuño do ano 2026.

Entre as accións previstas máis destacadas, a responsable autonómica referiuse á posta
en marcha dunha Rede autonómica de estacións dixitais de medición e rexistro que permitirá a monitorización dos sistemas de abastecemento de auga potable en alta dos concellos. A previsión é chegar a 440 estacións repartidas por toda a Comunidade para rexistrar en tempo real os parámetros máis relevantes para a prestación do servizo, mellorando así o coñecemento que se ten sobre o uso e o aproveitamento dos recursos hídricos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS