viernes, octubre 18, 2024
InicioNewsComarcasSalvaterra recibe a un grupo de peregrinos da Asociación Rapa das Bestas...

Salvaterra recibe a un grupo de peregrinos da Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo

Os peregrinos que iniciaron o percorrido a primeira hora da mañá en Valença do Minho continuarán nos seguintes días

Esta mañá a concelleira de Cultura, Lorena Soto, recibiu na Praza do Concello de Salvaterra de Miño a un grupo da Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo. Esta agrupación organiza unha peregrinación cabalar a Santiago de Compostela polo Camiño Taverneiro, iniciativa na que tamén colabora a Asociación Codeseda Viva.

Os peregrinos que iniciaron o percorrido a primeira hora da mañá en Valença do Minho continuarán nos seguintes días. Ponteareas, Pazos de Borbén, Fornelos de Montes, Ponte Caldelas, Cerdedo-Cotobade, Sabucedo e Cacheiras serán os seus próximos destinos. Así mesmo, o sábado 5 de outubro chegarán a Santiago de Compostela.

A Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo, tendo en conta a crecente afección polo mundo do cabalo, ve neste tipo de iniciativas unha oportunidade única de dar a coñecer o turismo de interior. Desta forma, poñen en valor o rico patrimonio paisaxístico e patrimonial dos espazos polos que transcorre a rota.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS