viernes, octubre 18, 2024
InicioO PaísA CoruñaO PPdeG denuncia os problemas ferroviarios que sofre a mocidade galega

O PPdeG denuncia os problemas ferroviarios que sofre a mocidade galega

Os deputados galegos no Congreso preguntan ao Goberno central polas medidas urxentes que adoptará para solucionar as reiteradas incidencias na rede ferroviaria de media distancia en Galicia

O Partido Popular de Galicia denuncio os problemas que sofre a diario a mocidade galega que emprega o tren para asistir á clase ou ao seu posto de traballo. Por iso, vén de esixir ao Goberno central a adopción de medidas urxentes para solucionar as reiteradas incidencias, avarías e atrasos na rede ferroviaria de media distancia en Galicia.

Os deputados galegos no Congreso veñen de rexistrar unha pregunta escrita e unha solicitude de comparecencia en Comisión do ministro de Transportes e Mobilidade Sostible, Óscar Puente, para que “renda contas dos problemas que está a causar a súa falta de xestión”.

Argumentan os populares que, ao longo deste mes de setembro, lonxe de superarse os habituais problemas que sofren os trens fundamentalmente no Eixo Atlántico, estes aumentaron.

Unha situación que, denuncian, é xa “crónica” na rede ferroviaria galega e se agravou aínda máis tras a posta en marcha dos bonos gratuítos de Media Distancia, que levaron ao límite unha infraestrutura que segue co mesmo número de frecuencias a pesar de que se duplicaron os viaxeiros.

O deputado vilagarcián, Juan Andrés Bayón, sostén neste sentido que “Renfe non soubo adaptarse ás necesidades dos seus usuarios” e pon o foco en que “non estamos falando de transporte de ocio, senón dun servizo público de transporte necesario para que estudantes e traballadores poidan chegar ás súas clases e postos de traballo”.

“Por todo isto, e pensando en todas as persoas que requiren deste servizo de transporte público, solicitamos a comparecencia do ministro responsable de Renfe e pedimos por escrito que o Goberno renda contas da súa falta de xestión”, conclúe Bayón ao tempo que pide unha solución a estes problemas, así como o aumento das frecuencias e a mellora na puntualidade dos trens.

“Os usuarios quéixanse a diario pola falta de frecuencias e prazas en horas punta, os fallos na web e na aplicación, a falta de persoal» entre outros aspectos

Deputado PPdeG, Juan Andrés Bayón
مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS