domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsO PaísA Xunta anuncia en Ourense o inicio da vacinación infantil contra a...

A Xunta anuncia en Ourense o inicio da vacinación infantil contra a gripe

Destacaron que as innovacións máis relevantes teñen relación coa inmunización destes cativos, como a introducción da vacina intranasal para aqueles de 2 e 5 anos

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, acompañado da directora de enfermaría da área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, Josefa Rodríguez, e do alcalde de Nogueira de Ramuín, Julio Temes, desprazáronse á escola infantil de Nogueira de Ramuín para anunciar que o vindeiro luns, 7 de outubro, a Consellería de Sanidade comezará coa vacinación contra o virus da gripe na poboación infantil comprendida entre os 6 aos 59 meses.

O delegado territorial explicou que esta poboación será citada para que acuda ao seu centro de saúde mediante unha mensaxe SMS ao teléfono que figure na súa historia clínica. No caso de de non poder acudir a cita, recibirá unha chamada de recaptación pola súa enfermeira de referencia.

Pardo destacou que as innovacións mais relevantes teñen relación coa inmunización destes cativos. Por unha parte, introdúcese a vacina intranasal para aqueles que estén entre os 2 e 5 anos.

Por outra, as persoas que traballan nos centros educativos con alumnado de 0 a 5 anos inclúense como poboación diana desta campaña dentro do persoal de servizos esenciais. No caso deste último grupo, estímase que a súa vacinación comece o 11 de novembro.

A vacina intranasal presenta como principais vantaxes fronte á de administración intramuscular que activa tamén o sistema inmunitarios local, neutralizando ao virus xa na súa porta de entrada e diminúe a incidencia de infeccións bacterianas polo estreptococo A.

Ademais, facilita a súa administración evitando o pinchazo, polo que mellora a acollida desta medida preventiva tanto de nenas e nenos como das familias.

Na provincia de Ourense participarán nesta campaña 183 puntos adheridos ao Programa Galego de Vacinación e o número de doses que está previsto utilizar para poder acadar os obxectivos fixados serán de aproximadamente 115.000.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS