viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsO PaísInterceptan en Valga a un menor que conducía sen permiso o coche...

Interceptan en Valga a un menor que conducía sen permiso o coche dos seus pais

O mozo circulaba a gran velocidade e colisonou contra un vehículo da Agrupación de Tráfico

Os feitos ocurriron na madrugada do 22 de setembro, cando dous axentes do Destacamento de Tráfico de Pontevedra que atopábanse circulando pola EP-8506 en Valga, observaron un turismo que circulaba a gran velocidade e estaba invadindo o sentido contrario.

A persoa que atopábase conducindo este vehículo e ante a presenza da patrulla, terminou perdendo o control do coche e colisionando frontalmente contra o vehículo policia. Tras isto, deuse á fuga.

Dende este momento, os axentes iniciaron a persecución deste turismo, que continuaba circulando sen respetar as normas de tráfico e seguridade vial, chegando a apagar as luces do coche mentras fuxía en plena noite.

Finalmente, a persoa voltou a perder o control do turismo e saíndose da vía. Neste moemento, os axentes interceptárono.

Unha vez conseguido, comprobouse que a persoa detida tratábase dun menor de 17 anos. Ante isto, os axentes entregárono en custodia a súa nai, pero instruíndo dilixencias por delitos contra a seguridade vial ao conducir sen permiso de conducir e por facelo de forma temeraria.

Ao parecer, o menor collera as chaves do turismo sen o coñecemento dos seus pais.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS