viernes, septiembre 27, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoMáis de 4.500 persoas pasaron pola oficina de turismo de Oia neste...

Máis de 4.500 persoas pasaron pola oficina de turismo de Oia neste verán

A gran maioría dos usuarios que pasaron pola oficina de turismo eran estranxeiros

A oficina de turismo de Oia recibiu ao longo dos meses de verán a un total de 4.585 persoas. No período, que comezou o 8 de xuño e rematou o 8 de setembro, destacou especialmente a demanda do servizo por parte de peregrinos, os cales supuxeron un total de case 3.000 persoas, mentres que os turistas foron un total case 2.000.

Con estes datos, que confirman as tendencias rexistradas en anteriores veráns, Oia reafirma a súa posición como punto de referencia no Camiño Portugués da Costa.

En relación aos lugares de orixe dos usuarios que se achegaron á oficina de información turística do Arrabal, que se atopa na Praza Centinela, son a gran maioría extranxeiros.

Así, entre os principais lugares de orixe destacan Portugal, Estados Unidos, Alemaña, Italia, Polonia e Inglaterra. No que atinxe ao territorio español, os principais lugares de procedencia foron Madrid, outros puntos de Galicia, País Vasco, Andalucía e Castela León, entre outros.

O Concello de Oia contou cunha axuda da Deputación de Pontevedra de 7.000 euros para a realización de tarefas de información en oficinas de turismo adheridas á Rede de Oficinas de Turismo Info Rías Baixas durante o ano 2024, prestándose 30 horas semanais de servizo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS