viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsComarcasSalvaterra de Miño pon fin ao primeiro curso de dixitalización aplicada

Salvaterra de Miño pon fin ao primeiro curso de dixitalización aplicada

A nova aula de capacitación dixital acollerá catro sesións máis desta formación de 30 horas dirixida a 15 alumnos

O pasado mércores daba comezo o primeiro dos cursos de dixitalización aplicada na nova aula da Casa Cultura de Salvaterra de Miño. En total foron 15 alumnos que a través dunha formación de 30 horas de duración aprenderon diferentes coñecementos dixitais. Os integrantes aprenderon a identificar, localizar, obter, almacenar, organizar e analizar información dixital, datos e contidos dixitais, avaliando a súa finalidade e relevancia para as distintas tarefas profesionais.

O espazo no que se realizaron as sesións forma parte da Rede Estatal de Centros de Capacitación Dixital en entidades locais. Esta aula está integrada no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia Financiado pola Unión Europea Next Generation EU.

O vindeiro martes iniciarase un novo curso de forma gratuita, que actualmente xa está completo e que proporcionará formación a outras 15 persoas máis. Para os seguintes do 14 ó 23 de outubro, do 28 de outubro ó 7 de novembro e do 11 ó 20 de novembro aínda quedan prazas. Aquelas persoas interesadas poden chamar ó 637 832 769 ou enviar un correo electrónico a iviejogomez@asergalicia.com

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS