viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsComarcasO Álvaro Cunqueiro acolle un congreso de psiquiatría e os seus últimos...

O Álvaro Cunqueiro acolle un congreso de psiquiatría e os seus últimos avances

O hospital acolle o XXV Curso de Investigación en Psiquiatría, organizado pola Asociación Galega de Psiquiatría, que nesta edición homenaxea ao Dr. Germán Berrios, catedrático emérito da Universidade de Cambridge

Nesta xornada comezou no salón de actos do Hospital Álvaro Cunqueiro o XXV Curso de Investigación en Psiquiatría, organizado pola Asociación Galega de Psiquiatría (AGP). Este acto inaugural contou coa presencia do xerente do Servizo Galego de Saúde, José Ramón Parada Jorgal; e a directora Asistencial da Área Sanitaria de Vigo, Esther Casal Rodríguez.

Na inauguración deuse a benvida aos relatores e participantes neste curso. Unha das figuras principais é o co-coordinador do evento e doutor José Manuel Olivares, Xefe do Servizo de Psiquiatría da Área sanitaria de Vigo e investigador principal do Grupo Neurociencia Translacional do IIS Galicia Sur. O especialista agradeceu a presenza de participantes e relatores ao longo deste cuarto de século, así como o apoio prestado por empresas e institucións.

Así mesmo, nesta presentación fíxose unha especial mención a un dos relatores asistentes, o doutor Germán Berrios, catedrático emérito de Epistemoloxía e Psiquiatría da británica Universidade de Cambridge. Como homenaxeado agradecéuselle a súa colaboración permanente con estes cursos impartindo sempre unha conferencia maxistral. Tal e como subliñaron o Dr. Olivares e o Dr. José Ramón Villamarín, o outro co-coordinador do curso, é un dos principais impulsores da celebración destes encontros anuais. Como broche desta homenaxe, os participantes neste XXV Curso serán agasallados coa última edición en castelán da súa derradeira publicación.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS