viernes, septiembre 27, 2024
InicioConcellos +As NevesPrisión para o presunto matricida de As Neves por un delito de...

Prisión para o presunto matricida de As Neves por un delito de homicidio ou asasinato

A titular do Xulgado de Instrución número 2 de Ponteareas decretou prisión provisional comunicada a sen fianza por un delito de homicidio ou asasinato (cuestión que se definirá ao longo da instrución) para o mozo de 20 anos de As Neves que este mércores acabou presuntamente coa vida da súa nai, de 60 anos, na parroquia de Rubiós.

O detido pasou esta mañá a disposición xudicial en Ponteareas. Entrou en dependencias xudiciais escoltado pola Garda Civil, coa cabeza cuberta por unha chaqueta e cunha man vendada, a consecuencia das lesións que supostamente sufriu durante o ataque no que morreu a súa nai. Ante o xuíz, o rapaz acolleuse ao seu dereito de non prestar declaración.

O suceso tivo lugar na noite do mércores, sobre has 21 horas, no domicilio familiar, no barrio do Couto, en Rubiós. A vítima recibiu varias coiteladas e, aínda que logrou sair do recinto da vivenda para pedir axuda, nada puideron facer por salvarlle a vida. Faleceu tendida na estrada, frente ao portal da casa. O fillo, presunto homicida, leva ano e medio en tratamento psiquiátrico por unha enfermidade de saúde mental.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS