viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsActualidadeSeaga realiza controis de xestión de biomasa nas faixas secundarias das parroquias...

Seaga realiza controis de xestión de biomasa nas faixas secundarias das parroquias do Porriño

O obxectivo destes traballos é supervisar a xestión de biomasa que están a realizar os propietarios das faixas definidas no Plan Municipal de prevención e defensa contra incendios forestais do Concello

Os técnicos de Seaga iniciaron os labores de inspección das parcelas incluídas nas franxas secundarias do Porriño, no marco do convenio entre o Concello e a Consellería do Medio Rural.


O obxectivo destes traballos é supervisar a xestión de biomasa que están a realizar os propietarios das leiras definidas no Plan Municipal de prevención e defensa contra incendios forestais do Concello e a previsión é que as tarefas de control finalicen nas próximas semanas.


Segundo a normativa vixente nestas faixas secundarias é necesario xestionar a biomasa en parcelas nun radio perimetral de 50 metros ao redor de solo urbano. Así mesmo, nestas non debe haber árbores de piñeiro, mimosa, acacia negra e eucalipto, entre outros. Os propietarios das fincas con estas especies recibirán unha notificación para solucionalo en quince días, tras os cales o Concello poderá proceder a execución subsidiaria e sanción.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS