jueves, noviembre 28, 2024
InicioComarcasLouriñaPunto de recollida do certificado de vacinación COVID no Porriño

Punto de recollida do certificado de vacinación COVID no Porriño

Os porriñeses e porriñesas poden facerse coa súa acreditacións de vacinación contra a COVID-19 no primeiro andar do edificio do Centro Cívico Municipal, no Porriño.

Neste punto está en funcionamento un punto de tramitación e recollida do certificado de vacinación durante todo o mes de agosto.

Trátase dunha colaboración que presta o Concello, a petición da Xerencia da Área Sanitaria de Vigo, que solicitou a cooperación municipal cedendo un local para esta oficina.

É atendida por persoal contratado polo Sergas. Non é precisa cita previa e atenden desde as 8.00 ata as 15.00 horas. A oficina estará operativa ata o martes 31 de agosto, segundo as primeiras previsións.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS