Obra de melloría da seguridade viaria na estrada de subida ao Castro de Herville, na parroquia de Cela, na que en días pasará La Vuelta. Uns traballos que custan 100.000 euros e que son financiados a través dun convenio entre o Concello de Mos e a Consellería de Turismo.
Castro de Herville será a meta da etapa 20 de La Vuelta ciclista a España, Sanxenxo-Mos, o vindeiro 4 de setembro.
O obxectivo destas obras é a mellora da pavimentación do camiño Salgueiro e estrada subida ao Castro de Herville, na parroquia de Cela. Débese ter en conta que o vial atópase asfaltado de fai moitos anos, o que merma as condicións, debido aos desniveis existentes; por iso esta representa unha importante mellora para a parroquia de Cela e para o municipio en xeral.
Os traballos que desde onte se están a realizar nesta estrada son de regularización do asfalto, e aplicación de mestura bituminosa en quente nas zonas que presentan un maior deterioro. Así como o recrecido, consistente na extensión dunha capa de rodadura de mestura bituminosa en quente, tipo formigón bituminoso de 5 cm. de espesor, con áridos de desgaste, estendida e compactada.
Previa á extensión de dita capa, realizouse unha limpeza e barrido da superficie, para a posterior aplicación do rego de adherencia con emulsión asfáltica. Asemade, será necesario o recrecido das tapas das arquetas e dos pozos
A zona de mellora da pavimentación ten unha lonxitude de 320 metros no camiño do Salgueiro, 844 metros na estrada de subida ao Castro de Herville e zona da praza e accesos do alto de Herville; e un ancho medio de 5.80 metros.
As actuacións previas realizadas antes de iniciarse o asfaltado foron o desbrozado lateral, limpeza de cunetas e noiros e barrido da calzada.