Terá dúas edicións e sortearán un total de 10.000 euros en bonos de 200 euros para canxear nos establecementos adheridos
«Merca no teu comercio» é unha iniciativa posta en marcha pola Xunta e a Federación Galega de Comercio para estimular a demanda e poñer en valor o comercio de proximidade.
Desta forma, a provincia de Ourense acollerá esta proposta que dividarase en dúas edicións, por un lado, dende o 1 ata o 20 de outubro e por outro, entre o 1 e o 20 de novembro.
Hoxe tivo lugar a presentación da iniciativa coa presenza do director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, e onde tamén estiveron o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, e a presidenta da Federación de Comercio de Ourense, Beatriz Gómez.
Sorteo de 50 bono de 200 euros para gastar no comercio local
O obxectivo de «Merca no teu comercio» é intentar avanzar na innovación, dixitalización e dinamización do sector.
Por iso, en cada unha das edicións da campaña, sortearase entre todos os tíckets rexistrados por comerciantes ou consumidores directamente. O premio será un total de 10.000 euros, repartidos en 50 bonos QR de 200 euros para canxear nos establecementos adheridos.
Ademais, cada edición inclúe unha gala de entrega de premios na que se sorteará en directo un bono de 1.000 euros. A da primeira edición será o 30 de outubro no Carballiño e a da segunda o 28 de novembro en Verín.