viernes, noviembre 22, 2024
InicioO PaísA CoruñaInsertega e a xestión e recuperación de residuos téxtiles recollidos de forma...

Insertega e a xestión e recuperación de residuos téxtiles recollidos de forma separada

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, pon en valor o compromiso coa redución da xeración de refugallos, a economía circular e a innovación da empresa coruñesa

A Xunta concedeu nos últimos anos 3,5 millóns de euros en axudas para apoiar iniciativas e proxectos promovidos en Galicia por empresas, autónomos, asociacións e fundacións sen ánimo de lucro relacionadas coa xestión e recuperación de residuos téxtiles recollidos de forma separada.

Así o subliñou a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, durante a súa visita á planta que ten en Arteixo a empresa Insertega (Iniciativa Social Emprendedora da Reciclaxe Téxtil en Galicia). Esta organización sdedícase precisamente ao tratamento deste tipo de residuos e aposta polo I+D+i nos seus procesos produtivos.

Vázquez estivo acompañada da delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e da directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, María José Echevarría. A conselleira puxo esta firma como exemplo do “potencial deste sector” desde o punto de vista da creación de emprego verde, de calidade e inclusivo.

De feito, Insertega, que dá emprego directo a preto de 70 persoas, recibiu desde o ano 2022 dúas subvencións da Xunta por un importe global de 657.000 euros. Estas estiveron destinadas a ampliar e mellorar a planta de clasificación que ten a empresa en Almeiras (Culleredo) e as instalacións de Sabón que visitou esta mañá.

A conselleira explicou que, grazas a unha destas axudas, naceu o proxecto Equore, froito da unión entre Insertega e Ofimor Group. Actualmente dedícase á produción dun material novidoso e sostible fabricado a partir de refugallos téxtiles non recuperables. Trátase, concretamente, dun revestimento reciclado e personalizable en diferentes acabados e texturas con aplicacións moi interesantes para a fabricación de mobles e tamén no eido da construción.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS