lunes, noviembre 25, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoEste sábado comeza en Tomiño un novo obradoiro de costura

Este sábado comeza en Tomiño un novo obradoiro de costura

A OMIX organiza un curso de práctico de costura para perfeccionar ou comezar a usar a máquina de coser. As persoas interesadas xa poden inscribirse

Na recta final do 2024, a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Tomiño pon en marcha un novo curso. Nesta ocasión, a iniciativa busca combinar a creatividade e o manexo da máquina de coser, polo que os participantes poderán aprender dende cero ou perfeccionar as súas técnicas de patronaxe centrándose na creación de proxectos téxtiles propios.

O comezo do curso está marcado para o próximo sábado, 28 de setembro. A partir deses momento, impartiránse diferentes sesións que serán completamente prácticas e as que, ademais, están pensadas para que cada persoa poida ter un proxecto rematado ao final de cada sesión.

Para que a aprendizaxe sexa o máis enriquecedora posible, dende a organización do curso dividirán os grupos en dous niveis, por un lado, o de iniciación para as persoas que nunca empregaron unha máquina de coser e, por outro, o de perfeccionamento para aquelas que xa teñan experiencia e queren afondar en técnicas máis avanzadas.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, destacaba que, “con esta formación buscamos fomentar as habilidades manuais e ofrecer novas oportunidades de aprendizaxe creativa á nosa veciñanza”.

Un obradoiro para todos

Desta forma, unha vez comenzado o curso o día 28, as seguintes clases están marcadas os sábados 7, 14, 21 e 28 de outubro en horario de 11:00 a 13:00 horas na Praza Cultural de Goián.

Trátase dun curso no que os participantes desenvolverán as súas actividades nun total de oito horas que divídense en catro sesións distintas.

Finalmente, a iniciativa rematará o 9 de novembro en horario de mañá para o nivel de iniciación que será de 11:00 a 14:30 horas, e de tarde para o de costura e patronaxe, de 15:30 a 19:00 horas.

Cabe destacar que as prazas son limitadas a 15 persoas na quenda de iniciación e a 20 na de perfeccionamento. Ademais, cada participante fará un depósito de 20 euros no que non está incluído o material, polo que cada un deberá levar a súa propia máquina de coser, teas e costureiro básico.

As persoas interesadas poden xa inscribirse a través da páxina web do Concello de Tomiño.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS