jueves, noviembre 21, 2024
InicioComarcasÁrea de VigoNegativa do Concello de Vigo para ubicar un monumento da folga de...

Negativa do Concello de Vigo para ubicar un monumento da folga de 1972

Hoxe tivo lugar unha folga diante do edificio municipal organizada polo sindicato CIG, que xa pagou a peza do escultor Javier Diéguez

O sindicato CIG realizou hoxe, ás 12.00 horas, unha concentración fronte á casa do Concello de Vigo para denunciar a negativa do goberno local a permitir a instalación dun monumento conmemorativo da folga xeral vivida en Vigo en 1972. Antes da protesta realizarase unha asemblea de delegados sindicais no auditorio municipal durante a que se proxectará o documental Setembro de 1972. Unha folga que mudou a nación galega, acto no que participará o secretario xeral da CIG, Paulo Carril.

Desde a CIG quérese resaltar que naquela folga xeral está a orixe do sindicalismo nacionalista, aínda que pasaría por varias siglas diferentes e unificacións antes de confluír na actual central sindical denominada Confederación Intersindical Galega.

O monumento foi encargado, realizado e pago polo escultor Javier Diéguez Mosquera, membro da Asociación de Canteiros de Galicia. Está conformado por catro grandes bloques de pedra, entre 2,3 e 1,2 metros de longo. En cada un deles grávanse os díxitos do ano 1972 e, entre as dúas centrais intúese unha estrela vermella de cinco puntas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS