viernes, noviembre 22, 2024
InicioO PaísLugoCuarto e último encontro provincial do programa Ultreia Galicia Rexión Emprendedora

Cuarto e último encontro provincial do programa Ultreia Galicia Rexión Emprendedora

Unha vez celebradas as catro xornadas provinciais, José González agradeceu aos proxectos que se darán a coñecer ante investidores, mentores e outros referentes sectoriais a súa aposta por reforzar o tecido produtivo da nosa Comunidade

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, participou hoxe en Lugo no cuarto e último encontro provincial do programa Ultreia Galicia Rexión Emprendedora. Esta iniciativa trata os retos e solucións para un territorio intelixente. Nesta cita, González felicitou ás 12 empresas emerxentes escollidas desde a semana pasada para sondar financiamento no Foro de investimento final. Este acto terá lugar coa colaboración da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG).

Este encontro foi inaugurado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e contou coa presencia do secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández. O conselleiro puxo de relevo a labor das confederacións empresariais nas citas que veñen de concluír á hora de contribuír a darlle un pulo ao emprendemento a través da suma de sinerxías. Tamén destacou a identificación tanto dos negocios emerxentes como dos novos retos de futuro de sectores estratéxicos.

Financiado pola Unión Europea a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, González destacou que o programa Ultreia se enmarca no plan de acción de Galicia como Rexión Emprendedora Europea 2025. Esre é un recoñecemento outorgado á Comunidade polas políticas a prol de xerar emprendemento e emprego especialmente no rural co obxecto de fixar poboación e que agora teñen continuidade -dixo- con esta iniciativa.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS