sábado, septiembre 28, 2024
InicioConcellos +As NevesDetido un mozo de 20 anos por matar a súa nai en...

Detido un mozo de 20 anos por matar a súa nai en As Neves

Consternación en As Neves pola morte, presuntamente a mans do seu fillo, dunha muller, duns 60 años, que responde ao nome de Irene R.G. O suceso tivo lugar na noite de onte, mércores, sobre has 21 horas, no domicilio familiar, no barrio do Couto, na parroquia de Rubiós. A vítima recibiu, alomenos, unha puñalada e, aínda que pediu axuda, nada puideron facer por salvarlle a vida.

O presunto homicida, o fillo menor da vítima, duns 20 anos, xa foi detido pola Garda Civil e segundo fontes próximas á investigación, padecía un trastorno mental e un problema de drogodependencia.

Desde o Concello de As Neves xa expresaron a través das redes sociais o seu “máis profundo pesar pola tráxica morte de Irene, veciña da parroquia de Rubiós. Toda a corporación municipal acompaña á súa familia e amigos neste momento de inmensa dor”. E tamén convocaron un minuto de silencio para este mediodía, ás 12 horas, na Praza do Concello, en sinal de respecto e solidariedade.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS