O Comité clínico que asesora á Xunta na pandemia da COVID-19 vén de decidir que O Grove será, a partir do sábado 14, o único concello que se situará no nivel máximo de restricións.
No Grove seguirán rexendo as medidas do nivel máximo de restricións, segundo decidiron as e os expertos do comité clínico que asesoran á Xunta na xestión da pandemia da COVID-19. Un nivel máximo do que saen Sanxenxo, Muros, Meaño, Foz, Baiona e Viveiro.
Deste xeito, contínua o requerimento de presentar un certificado COVID para acceder ao interior dos locais da hostalería no municipio do Grove. Isto quere dicir, que a clientela deberá acreditar inmunidade ben cunha proba negativa en coronavirus ben co certificado de vacinación coa pauta completa ou xustificar que xa se pasou a enfermidade. A capacidade dos locais será do 30% dentro e do 50% fóra. Amáis as reunións están limitadas a só persoas conviventes entre a 01:00 da madrugada e as 06:00 horas. O lecer nocturno terá un aforamento do 50% só nas terrazas e pechará á unha da madrugada.
Os municipios de Sansenxo, Meaño, Baiona, Muros, Foz e Viveiro que, ata o de agora, situábanse no nivel máximo de restricións baixarán ao nivel alto a partir do sábado 14 de agosto.