viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsA terraO Rosal percorre o río da Cal nunha nova andaina interpretativa

O Rosal percorre o río da Cal nunha nova andaina interpretativa

A ruta será o 5 de outubro e será de dificultade moderada. O número de prazas serán para 30 persoas

O Concello do Rosal continúa achegando á veciñanza a cada recuncho do municipio coas súas andainas interpretativas. Unha iniciativa que fai pequenos percorridos pola contorna para descubrir e poñer en valor o patrimonio histórico, cultural, paisaxístico e natural que conforman o espazo dunha maneira amena, sinxela e divertida.

A próxima data para desfrutar desta proposta será o vindeiro sábado, 5 de outubro, e corresponde coa quenda da cuarta saída a través dun roteiro matinal no que os asistentes visitarán o río da Cal, dende As Cruces ata a Ermida de San Martiño polos seus saltos, pozas, fervenzas e muíños.

Trátase dunha andaina cunha distancia de 8 quilómetros e unha duración aproximada
de 3 horas e media que ofrece un percorrido circular cun desnivel acumulado de 350 metros e cunha dificultade moderada.

A ruta achegará aos participantes á antiga canteira na que se extraía a pedra para facer as rodas dos muíños, pasando por San Martiño e baixando de novo polo Chan da Cereixa.

As persoas interesadas en participar poden inscribirse nesta nova ruta enviando ata o vindeiro mércores 2 de outubro. Por outro lado, é imprescindible realizar un rexistro individual para cada un dos participantes.

O número de prazas estará limitado a un máximo de 30 persoas e abrirase unha lista
de agarda unha vez superado o aforo.

Como sinala José Carlos Martínez Crespo, concelleiro de Turismo e Deportes, “este ciclo de andaina non só son unha forma estupenda de promover hábitos de vida saudables, senón tamén unha ferramenta para conectar coa nosa contorna natural, patrimonial e cultural. Queremos que as e os participantes descubran recunchos únicos no noso concello e comprendan o valor que teñen para todas e todos nós”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS