lunes, noviembre 25, 2024
InicioO PaísA CoruñaO TSXG impón tres anos de cárcere a un home por abusar...

O TSXG impón tres anos de cárcere a un home por abusar da filla menor de idade da súa parella

Os maxistrados acolleron en parte o recurso de apelación interposto polo procesado contra a sentenza ditada pola sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) impuxo tres anos de cárcere ao autor dun delito de abuso sexual sobre unha menor de dez anos. A vítima era a filla da súa parella no momento do feitos -verán de 2019-. Os maxistrados acolleron en parte o recurso de apelación interposto polo procesado contra a sentenza ditada pola sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra que o condenou a catro anos e dous meses de prisión.

O TSXG recorda que o prevalecemento previsto no artigo 183.4 d) do vixente Código Penal ao tempo dos feitos “ten como fundamento agravatorio o abuso de superioridade que no plano moral ten unha persoa que pon ao seu servizo unha condición ou calidade que instrumentaliza no seu beneficio particular con finalidade delituosa para cohibir a resistencia da vítima”.

Neste caso, entende que os elementos obxectivos non conducen, por si mesmos, “ao aproveitamento da circunstancia, tendo en conta que non se discute que o acto é inopinado, sen prevalecerse de carácter de autoridade ou moral algunha”. Así, destaca que “non configura, en definitiva, unha conduta que supoña gozar daquela situación de vantaxe que non só anula o consentimento, o que no presente caso devén irrelevante pola idade da menor, senón que conduce a concluír con éxito o abuso precisamente en razón á situación de vantaxe que se aproveita”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS